Actividades

concello

TALLER DE MÁSCARAS

Descárgate la hoja de inscripción

O Concello de Paderne ven de por en marcha un novo obradoiro para os rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos do Concello.

Trátase dun Taller de Máscaras no que os e as participantes crearán a súa propia máscara de cara ás celebracións propias do Entroido, fomentando así a cultura e as tradicións da nosa Comunidade.

Realizarase os sábados días 1, 8, 15 e 22 de febreiro de 10:30 a 12:00 h no local social de Quintas.

Os/as interesados/as poden reservar a súa praza cubrindo o formulario de inscrición que terán á súa disposición nas oficinas municipais e/ou na sede electrónica do Concello de Paderne (inscrición Taller de Máscaras).

As prazas son limitadas e reservaranse por orde de solicitude.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2024 – 2025

Descárgate la hoja de inscripción