XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este pasado 26 de novembro, o Alcalde de Paderne Cesar Longo, presentou, no salón do Centro de Maiores da Casa do Concello, unha xornada reivindicativa contra a Violencia de Xénero.

Un acto solidario no que destacou o papel do fomento da educación en valores como piar básico do respecto e a igualdade entre sexos. Salientou a repercusión familiar e social que estes feitos teñen e como marcan a tódalas persoas que a sofren, especialmente os menores, e recordou as preocupantes cifras que se recolleron no que vai de ano en canto a vítimas de violencia de xénero.

O Concelleiro de Benestar Social realizou a lectura do Manifesto do Concello de Paderne sobre violencia de xénero e, a continuación e nun clima moito máis lúdico, contouse cunha actuación de maxia centrada no tema do día.