XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Será o día 26 de novembro ás 20:00 h no salón do Centro de Maiores da Casa do Concello.
Queremos que sexa un día de solidariedade, reivindicativo pero tamén entretido. Unha das obrigas do Concello é a de recoller os problemas que neste momento se están a dar na sociedade e loitar contra eles desde tódolos ámbitos por iso, neste día, ademais de solidarizarnos coas persoas que o están a padecer, queremos compartir tamén uns momentos distendidos ofrecéndovos unha sesión de maxia.
Participade este día apuntándovos ata o 23 de novembro chamando por teléfono ás oficinas municipais.