XI ANIVERSARIO DO CENTRO DE MAIORES
O Concello de Paderne está a preparar o XI Aniversario do Centro de Maiores para o próximo día 13 de marzo.
Un día de celebración no que intentaremos pasalo moi ben todos xuntos disfrutando da visita ó Xardín Botánico “Ría do Burgo” e Aula da Natureza Juan Lembeye pertencentes ó Concello de Culleredo.
O Xardín Botánico, cunha superficie de 50.000 m2, conta cunha gran variedade de especies autóctonas recreándose nel un xardín ó estilo dos pazos galegos así como outras pequenas parcelas de xardíns tradicionais de distintas partes do mundo.
Conta cun pequeno invernadoiro, un pequeno parque infantil e unha lagoa que, con marea chea, conéctase coa ría do Burgo.
No seu interior atópase a Aula da Natureza que alberga diversas exposicións sobre temática ambiental.
Visitaremos tamén os Muíños de Acea da Má que datan do século XII e están catalogados como os muíños máis antigos de Galicia albergando tamén un museo cunha extensa colección de aves e fauna típicas da rexión.
Despois, e como xa é habitual, realizarase unha comida seguida de baile nun restaurante da zona.
Para asistir a esta celebración dispoñemos de servizo de recollida dos asistentes polas distintas parroquias a partires das 11:00 h.
Poden asistir tódolos socios do Centro de Maiores inscribíndose ata o día 7 de marzo chamando por teléfono á oficina de servizos sociais do Concello; o custe por persoa é de 25€.