O Concello ofrece unha ampla programación para as persoas maiores cos talleres de memoria

  • Darán comezo no mes de outubro e as inscricións poderán realizarse nas oficinas municipais ata o 21 de setembro. 
  • Haberá actividades de lectura e escritura, arte, lectura, habilidades motoras ou linguaxe e aritmética. 

O Concello de Paderne ofrece novamente co comezo do curso unha ampla programación para as persoas maiores cos talleres de memoria, pensados non soamente para manter a axilidade mental ou retrasar o deterioramento cognitivo, tamén para favorecer a relación entre a veciñanza. 

Darán comezo no mes de outubro e as inscricións poderán realizarse nas oficinas municipais ata o 21 de setembro. Desenvolveranse con actividades de lectura e escritura, sensoriais, tarefas artísticas, talleres de lectura, habilidades motoras finas, linguaxe e aritmética, xogos de orientación, descrición de imaxes e xogos de mesa. 

Celebraranse os luns e os venres nos locais sociais de Paderne (venres de 17:15 a 18:15 horas) , Quintas (venres de 16:00 a 17:00 horas) , Souto (luns de 18:30 a 19:30 horas) , Vilouzás (luns de 16:00 a 17:00 horas) , Vilamourel (venres de 18:30 a 19:30 horas) e Viñas (luns de 17:15 a 18:15 horas).   

A concelleira de Servizos Sociais, Marisa Abrodos, sinala que “este programa tivo moito éxito o pasado ano e queremos repetir non só precisamente porque detectamos unha alta demanda, senón porque os servizos sociais son o noso piar e así o reflictimos nas accións de goberno”.