CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE”
Este pasado 20 de xullo tivo lugar a clausura do Obradoiro de Emprego “Reserva de Biosfera: emprego verde”; un obradoiro que contou coa participación conxunta dos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.
O Alcalde de Paderne, César Longo, xunto cos representantes dos outros concellos participantes; José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo, Concello que exerce de coordinador, o alcalde de Carral, Javier Gestal, de Coirós, Francisco Quintela, de Oza-Cesuras, Pablo González, a alcaldesa de Betanzos, María Barral, a de Bergondo, Alejandra Pérez; e a concelleira de Promoción Económica de Sada, Laura Rodríguez Pena, estiveron presentes no acto que se realizou en Abegondo. Por parte da Xunta, que aportou unha financiación de 346.946 €, acudiron la conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado.
Esta iniciativa tiña como obxectivo a inserción laboral nos ámbitos de conservación de montes e mantemento de zonas verdes, beneficiando a un total de 20 persoas en situación de desemprego.
Constou de dúas especialidades consideradas con elevadas posibilidades de inserción laboral: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, e instalación e mantemento de zonas verdes.
Na formación levada a cabo, realizáronse un total de 21 actuacións nos 8 municipios participantes, de esta forma los alumnos realizaron as súas prácticas á vez que se contribuíu á mellora de áreas de interese veciñal.
Entre os proxectos estaban a produción en invernadoiros, o acondicionamento de camiños, a valorización forestal de montes, o mantemento de espazos verdes ou a mellora de xardíns.