OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “EMPREGABILIDADE NA DEPENDENCIA”

En colaboración cos concellos de Betanzos, Abegondo, Carral e Coirós, o Concello de Paderne vai a participar no Obradoiro Dual de Emprego “EMPREGABILIDADE NA DEPENDENCIA”.

A través dunha subvención de 503,987 €, para un total de 20 alumnos/as traballadores/as e 30.000 € para 20 incentivos á contratación, as persoas participantes van a poder formarse durante 12 meses, nas seguintes especialidades:

  • Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade (4 alumnos/as)
  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (6 alumnos/as)
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (10 alumnos/as)

Así, este tipo de formación está a ter moita demanda no mercado laboral xa que ven a cubrir a necesidade de asistencia especializada, axudando a avanzar no benestar das persoas con discapacidade, dependentes e maiores con limitacións.