Saídas socioculturais monforte en abril e portugal en outubro
Paderne inicia o seu ciclo de saídas socioculturais con visita a Vilanova de Cerveira, Monforte e Santa Tegra
-
O Concello organiza unha excursión á vila portuguesa e ao municipio pontevedrés da Guarda o sábado 26 de outubro
-
aAs persoas interesadas poden apuntarse chamando ao 981797001 ou enviando un email a cultura@concellodepaderne.com antes do 22 de outubro
Arrinca un novo curso e con el, o Concello de Paderne reinicia o seu ciclo de saídas socioculturais. A primeira parada tras o verán será dobre, xa que a administración local ofrece a posibilidade de viaxar ao municipio portugués de Vilanova de Cerveira e ao Castro de Santa Tegra, na localidade pontevedresa da Guarda. Tamén haberá unha visita a Monforte.
Deste xeito, o sábado 26 de outubro arrincará un autobús que levará a todas as persoas que se apunten a pasar un día de ocio e aprendizaxe ao país veciño, con visita a unha Vilanova de Cerveira na que os e as excursionistas poderán desfrutar da súa tradicional feira.
Posteriormente, será o momento de volver a emprender a marcha de novo cara Galicia. Pero aínda quedará excursión, xa que a segunda das paradas está prevista no Castro de Santa Tegra, onde a veciñanza terá a oportunidade de gozar do fabuloso complexo histórico e o miradoiro.
O prezo da excursión é de 35 euros por persoa, con xantar incluído. Para anotarse é preciso facelo chamando ao número do Concello, o 981797001, ou enviando un email a cultura@concellodepaderne.com antes do 22 de outubro, día de peche das inscricións. As prazas son limitadas.