PROXECTO: “HOSTALERÍA POLO CLIMA”
Os Restaurantes da Reserva, únense ao proxecto de Coca-cola: ”Hostalería polo clima”
Directivos de Mariñas Coruñesas e da empresa de refrescos, presentaron, o día 2 de febreiro, o acordo no Fogar do Santiso de Oleiros.
Os 23 restaurantes certificados pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo adheríronse ao proxecto de Coca-Cola “Hostalería polo clima”, co obxectivo de dar un paso máis en conseguir unha pisada de carbono neutra, ademais de aumentar a difusión de estes establecementos ao crear un apartado específico para eles na web da iniciativa.
O Vicepresidente e Alcalde de Paderne, César Longo, e o técnico, Diego López, por parte de Mariñas Coruñesas, María Sande e Gema Domínguez, da empresa de refrescos e Pablo Barrenechea e Ana Mastral, de Ecodes, estiveron no Fogar do Santiso, situado na Praia de Santa Cristina de Oleiros e que acaba de recibir a Marca de calidade da Reserva, para ver un exemplo de establecemento comprometido coa natureza.
Durante o ano pasado, catro locais de hostalería, catro aloxamentos e tres actividades turísticas certificadas sometéronse a un estudo para calcular cal era a súa pisada de carbono. O obxectivo de este proxecto de Coca-Cola é que tanto estes negocios como tódolos asociados a eles reduzan ao máximo as súas emisións á atmosfera.
O Vicepresidente da Reserva, César Longo, loou o proxecto do Fogar do Santiso, pola valentía coa que o afrontaron desde os seus comezos e a aposta firme pola sustentabilidade, ao mesmo tempo que se mostrou orgulloso de que este tipo de locais estean no territorio de Mariñas Coruñesas.
Durante a visita, José Agustín Santiso, que comezou este negocio en 1996, explicou o seu modelo de restaurante, baseado na economía circular, de residuo cero, agricultura ecolóxica e bioconstrución.
Dous representantes de Coca-Cola participaron na reunión celebrada o día anterior no Salón de Plenos do Concello de Abegondo para explicarlles aos responsables dos restaurantes o proxecto, ao mesmo tempo que loaron a labor medio ambiental que estaban xa desempeñando.