SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA A POSTA EN SERVIZO DUN CAMIÓN PUNTO LIMPO MÓBIL NO CONCELLO DE PADERNE

En base á convocatoria de subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, Fondos de Recuperación e Resilencia, o Concello de Paderne ven de solicitar unha axuda de 79.194,50 € para o proxecto de “Adquisición e posta en servizo dun camión punto limpo móbil no Concello de Paderne”

A importancia de mellorar a xestión dos residuos xerados no Concello e de ampliar os servizos que se ofrecen á poboación, leva á necesidade de incorporación dun camión grúa con caixa punto limpo móbil, configurado para a adecuada xestión de residuos especiais de competencia municipal que, debido ás súas especiais características, necesitan recollerse de maneira diferenciada, tales como téxtiles, lámpadas e fluorescentes, pilas e baterías, pequenos aparellos eléctricos, etc.

Concienciados cada vez máis nos coidados que se deben proporcionar ao medio ambiente, con esta adquisición ofrecerase un servizo de gran importancia para todos e respectuoso co medio.