PRIMAVERA NO CAMIÑO INGLÉS
Este pasado día 5 de maio, o Alcalde de Paderne, César Longo, foi un dos rexedores municipais que estiveron nesta II edición da Primavera no Camiño Inglés inaugurada polo Presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso ó que acompañou a Directora de Turismo de Galicia Nava Castro.
Os alcaldes e representantes dos 18 municipios polos que pasa o Camiño Inglés estiveron na Praza de Irmáns García Naveira de Betanzos promocionando esta ruta de gran importancia para os concellos polos que discorre pola súa riqueza cultural e económica.
Promovida pola Deputación da Coruña, supón un gran impulso para dar a coñecer os atractivos turísticos, culturais e gastronómicos de este fermoso itinerario.
O stand do Concello de Paderne mostraba ó visitante unha pequeña selección do que se poden atopar no municipio destacando a promoción do seu Branco Lexítimo co anuncio da próxima edición da Mostra do Branco Lexítimo os vindeiros 9 e 10 de xuño na aldea de Esperela.