O Concello de Paderne acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición do Rallye histórico Rías Altas, que se desenvolerá os vindeiros días 2 e 3 de outubro na Coruña, Betanzos, Irixoa, Aranga, Vilarmaior, Miño, Paderne e Monfero.
Reunirá a 158 competidoras e competidores en distintas etapas que comezarán a rodar este venres ás 17:00 horas no Parrote.
Asistiron á mesma o alcalde de Paderne, Sergio Platas; José Vicente Medina, presidente da Real Federación Española de Automobilismo; Mar Ferreiro, directora territorial de Deportes da Xunta de Galicia; Antonio Leira, deputado de Deportes da Deputación da Coruña; Ernesto Rumbo, presidente do Comité Organizador e Germán Castrillón, da organización deste Rallye.
A proba forma parte do Campionato de España de rallyes de vehículos históricos.

