PRESENTACIÓN III EDICIÓN FEIRA GASTROLEXÍTIMO

Este luns 8 de xuño, terá lugar ás 11:30 horas no restaurante Árbore da Veira a presentación da III edición da Feira GastroLexítimo, evento que acollerá novamente a parroquia de Esperela (Paderne) os días 5 e 6 de xullo.

Asistirán o alcalde de Paderne, Sergio Platas; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o presidente da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso e diferentes representantes dos municipios que integran esta entidade.

Haberá cata e degustación de produtos locais, así como unha demostración a cargo do cociñeiro Luis Veira

DÍA: 8 DE XUÑO DE 2026

HORA: 11:30 HORAS

LUGAR: RESTAURANTE ÁRBORE DA VEIRA