OS PEQUENIÑOS DAS ESCOLAS PARTICIPAN NA PLANTACIÓN DE CEPAS DE BRANCO LEXÍTIMO
Os pequeniños das Escolas de Educación Infantil de Paderne acudirán novamente ás instalacións da Aula da Ría, en Chantada, para participar na plantación de cepas de Branco Lexítimo.
Os responsables da adega “Pagos de Brigante” serán os encargados de realizar esta interesante actividade que ten por obxectivo divulgar, desde as primeiras idades, o coñecemento do cultivo do Branco Lexítimo.
Unha experiencia distinta na que se lles intentará transmitir os valores e riquezas do territorio para que, desde pequeniños aprendan a valorar as potencialidades do seu Concello.
Así, este día, recibirán explicacións sobre os coidados, características e procesos ata a súa transformación en viño; todo elo adaptado a estas idades.
Esta interesante actividade sirve tamén para xuntar ás dúas escolas despois de tanto tempo sen verse debido á pandemia relacionándose entre si nun espazo seguro.