PINTADO DA ESTRADA N-VI
Neste pasado mes, os veciños de Paderne víronse afectados polo pintado da estrada que deixou sen posibilidade de acceder ás aldeas nin permitía a incorporación á N – VI cando era necesario o cambio de sentido.
Todas estas manobras, que con anterioridade ó pintado desta estrada, se podían facer sen ningún problema, porque as normas de circulación, dada a boa visibilidade dos tramos afectados así o permitían, quedaron interrompidas provocando unha grande incomodidade e crispación nos veciños que se dirixiron ó Alcalde buscando unha solución a este cambio que lles afectaba directamente.
Comprendendo o seu malestar e preocupación, o Alcalde púxose en contacto co responsable de Fomento na provincia de A Coruña explicándolle as queixas recibidas e de como afectaban á vida das persoas de Paderne que cada día transitan por elas.
A súa promesa de dar pronta solución ó problema fíxose efectiva este 26 de outubro non quedando tramo antigo nin ramal de incorporación con visibilidade, no que non se volva a facilitar o tránsito de vehículos.
César Longo quere agradecer ós responsables de Fomento que atendesen as demandas dos veciños de Paderne que poden novamente, realizar as manobras ás que estaban acostumados despois de restablecerse os accesos solicitados.