O Concello crea dous novos parques infantís en Areas e Samede
- Ambos proxectos, valorados en case 100.000 euros, responden ás demandas da comunidade educativa.
O Concello de Paderne vén de crear dous novos parques infantís modernos e funcionais en Areas e Samede, con dous proxectos valorados en case 100.000 euros e que responden ás demandas da comunidade educativa.
Creáronse cun obxectivo fundamental, que non é outro que favorecer a conciliación e fomentar o ocio e a socialización das máis pequenas e pequenos do municipio.
A localizada en Areas, situada detrás do Local Social, conta con banbán, tobocán, columpios e tamén unha pista multideporte con canastras á altura reglamentaria e pista de fútbol.
Namentres, a situada en Samede, que está ubicada no mesmo lugar que o Campo da Festa, conta con banbán, columpios e un tobogán. Ambas están instaladas sobre unha superficie branda para a seguridade da cativada.
O alcalde, Sergio Platas, que supervisou esta semana a finalización dos traballos, insiste na necesidade “real de seguir creando espazos de convivencia para as familias, e aínda que pode parecer un tema menor, para nós é especialmente relevante, facendo fincapé na socialización das máis pequenas e pequenos en idades temperás”, afirma o rexedor.


