Paderne celebra o aniversario da súa veciña máis lonxeva

Paderne celebra o aniversario da súa veciña máis lonxeva: Angelica Moreira Veiga, que o pasado 7 de xuño cumpriu 102 anos. 

O alcalde, Sergio Platas, xunto con Ángel Germade e Marisa Abrodos, concelleiros do goberno, visitaron a Angelica para fellicitarlle o aniversario e regalarlle un ramo de flores. 

"Aos seus 102 anos, Angelica posúe unha saúde e unha lucidez que é a envexa de todas e todos nós", destacaron. 

Que sexan moitos máis!