ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN COS NENOS

Dentro da oferta de actividades extraescolares que o Concello de Paderne deseñou para tódolos nenos e nenas en idade de escolaridade obrigatoria, viñeron a introducirse, para este curso 2018-2019, novas e atractivas opcións en contacto coa natureza. Comezando no mes de novembro, estanse a desenvolver estas actividades cunha periodicidade mensual en distintos puntos do municipio con obxecto de que coñezan as parroquias e lugares de Paderne así como as posibilidades lúdicas do seu entorno. Este 26 de decembro a xornada estaba centrada na orientación; despois dunhas indicacións sobre a utilización da brújula, mapas e balizas, e con un estupendo día de sol, os participantes saíron desde Casa de Sixto a explorar por grupos as zonas cercanas. Animados polo Alcalde, saíron para realizar a actividade polo entorno do lugar de Sas repartidos en grupos con cada seu monitor ó cargo competindo entre si por atopar as pistas segundo as indicacións.