OBRADOIRO SOBRE O AFORRO DE LUZ NO FOGAR
O Concello de Paderne pon a disposición das familias do municipio, a posibilidade de participar nun obradoiro formativo en relación co aforro enerxético no fogar.
Será o vindeiro 20 de marzo ás 18:30 h na Casa do Concello. Trátase dunha soa sesión de hora e media na que se tratarán os seguintes temas da maneira sinxela e accesible para tódalas persoas:
- Comprender a factura da luz e optimizala segundo as necesidades de cada familia
- Mostrar opcións para pequenos cambios nas vivendas que supoñan un aforro enerxético e económico
- Ofrecer pautas de comportamento que proporcionen a posibilidade de aforrar no consumo do fogar
- Bono social e outras axudas: como se poden solicitar, a onde se deben dirixir, ...
Os que desexen asistir poden anotarse ata o día 15 de marzo. O aforo está limitado a 20 persoas.
Para maior información e inscricións poden dirixirse á oficina de servizos sociais do Concello.