NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO: “AUTONOMÍA E INCLUSIÓN: FORMACIÓN, EMPREGABILIDADE”
Conscientes de que o traballo e a formación son claves para o desenvolvemento da persoa e, polo tanto, da sociedade, o Concello de Paderne segue a buscar ferramentas para os seus habitantes facilitando a súa participación nos obradoiros de emprego.
A través desta vía, cada ano, varias persoas de Paderne reciben emprego e formación para acceder a un posto de traballo en profesións altamente demandadas na sociedade actual.
Así, e a través dun convenio de colaboración entre os concellos de Abegondo, Betanzos, Carral, Coirós e Paderne, ven de concederse este novo obradoiro dual de emprego “Autonomía e Inclusión: Formación, Empregabilidade” nas especialidades de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” para 10 alumnos e “Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade” con outros 10 alumnos.