OBRADOIRO SOBRE O AFORRO DE LUZ NO FOGAR
O Concello pon novamente, a disposición das persoas do municipio, a posibilidade de participar nun obradoiro formativo en relación co aforro enerxético no fogar.
Será o 28 de xaneiro ás 19:30 h na Casa do Concello e tratará os seguintes temas:
- Comprender a factura da luz e optimizala segundo as necesidades de cada familia
- Mostrar opcións para pequenos cambios nas vivendas que supoñan aforro
- Pautas de comportamento que posibiliten este aforro
- Bono social e outras axudas
Os interesados teñen ata o día anterior para inscribirse, podendo realizalo na oficina municipal de servizos sociais. O aforo está limitado a 20 persoas.