NOVO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Os Concellos de Paderne, Betanzos e Oza-Cesuras, asinaron un convenio para a prestación conxunta do Servizo de Atención Temperá (SAT) no marco da Rede Galega de Atención Temperá.
O Alcalde de Paderne, César Longo, xunto coa Alcaldesa de Betanzos, María Barral e o Alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González, estiveron visitando as instalacións de Pai Menni, nas que se vai a desenvolver o servizo, coñecendo ao persoal e as estancias destinadas á atención directa.
Ademais de garantir unha prestación de calidade, co mesmo, evítase que as persoas teñan que desprazarse á unidade de referencia que lles correspondía ata o de agora, emprazada no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña, facilitando así un achegamento máis eficiente ás persoas destinatarias.
A Atención Temperá contempla un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao contorno, sendo o seu obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento, ou en risco de padecelos, facilitando o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a súa inclusión social.
O acceso ao mesmo requirirá, en tódolos casos, da derivación formal por parte dos servizos de pediatría, ademais de ter que cumprir os seguintes requisitos:
- Ter entre 0 e 6 anos de idade.
- Figurar empadroado/a nalgún dos tres concellos da agrupación.
- Ter diagnosticado algún trastorno no desenvolvemento ou estar en risco de padecelo.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario dispoñible na sede electrónica do Concello de Paderne sede.concellodepaderne.es (servizos sociais).
Con elo, o Alcalde César Longo, ademais de facilitar ás familias de Paderne un servizo de calidade, quere proporcionarlles unha importante axuda para o seu benestar.