SUBVENCIÓN NOMINATIVA DA DEPUTACIÓN
Estanse a realizar as melloras na rede viaria das parroquias de Adragonte, Vigo, Quintas, Velouzás e Viñas a través dunha subvención nominativa da Deputación da Coruña por un importe de 90.000 €.
As obras consisten no afirmado de camiños, limpeza de cunetas e colocación de tubaxes de formigón para a recollida de pluviais.
Os camiños beneficiados por esta subvención son:
- Camiño da Sequeira
- Camiño de Ambroa
- Camiño da Esfarrapa
- Camiño do Batán
- Camiño de Lambre a Borrallos
- Camiño de Ponte do Porco a Hormeiro
Ademais desto, no viario entre Ponte do Porco e cruce de Montecelo, colocarase unha banda reductora de velocidade, nova sinalización e sumidoiro transversal.

