POS 2015
O Concello vai a realizar as obras incluídas no Plan de Obras e Servizos 2015 da Deputación da Coruña, por un total de 82.103,30 € incluíndo a mellora das seguintes vías:
Na parroquia de Viñas:
- Camiño do Hormeiro – Ponte de Lambre
- Camiño N-651 – Trasmil
Na parroquia de Vigo:
- Camiño de Cruceiro – Bión
- Camiño Cruceiro – Os Carballos II
Na parroquia de Adragonte:
- Camiño dos Caseiros – Casal
- Mellora do Camiño Santo Estevo – Vilamourel – Costa de Lucas
Estas inversións veñen a manter coidadas as pistas e camiños municipais proporcionando comodidade e benestar ós vecinos.

