MUSEALIZACIÓN DA AULA DA RÍA

Dentro das axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativas, o Concello de Paderne ven de solicitar unha axuda por importe de 36.784 € para a financiación do proxecto “Musealización da Aula da Ría”

O seu obxectivo, dada a existencia no Concello dun Aula de interpretación da Ría, realizar a posta en valor da mesma coa súa musealización e así permitir, aos visitantes da Aula da Ría, un maior aproveitamento deste recurso educativo e turístico.