MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA FONTE E LAVADOIRO DE SAS
Dentro do programa de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, o Concello de Paderne ven de solicitar unha axuda por importe de 32.054,74 € para o proxecto de “Mellora e acondicionamento da fonte e lavadoiro de Sas”
Este proxecto consiste na rehabilitación da fonte e lavadoiro da aldea de Sas, na parroquia de Velouzás. Dous elementos do noso patrimonio etnolóxico que se atopan en mal estado de conservación e que continúan deteriorándose polas inclemencias meteorolóxicas e o paso do tempo.
Neste sentido, o Concello de Paderne, como responsable e titular deste patrimonio, desexa recuperalo para estar en consonancia co esforzo que os veciños xa están a facer na súa recuperación.