Paderne recoñecerá publicamente ás persoas vencelladas ao ámbito marisqueiro tanto en activo como na etapa de xubilación

Será nun acto na Aula da Ría o vindeiro sábado 30 de outubro ás 12:00 horas, ao que se convoca a todas as persoas que forman e formaron parte deste sector. 

“Decidimos organizar esta xornada para recoñecerlle a aquelas persoas que dedicaron a meirande parte da súa vida a un sector produtivo importantísimo para Paderne como o é o marisqueiro, e moitas veces esquecemos que o noso municipio ten saída ao mar e un produto de calidade altísima”, sinala o alcalde, Sergio Platas. 

O Concello de Paderne recoñecerá o vindeiro sábado, 30 de outubro, nun acto público na Aula da Ría que dará comezo ás 12:00 horas. Están convocadas todas as persoas vencelladas a este ámbito, tanto en activo como na etapa de xubilación, para formar parte desta xornada tan especial. 

“Decidimos organizar esta xornada para recoñecerlle a aquelas persoas que dedicaron a meirande parte da súa vida a un sector produtivo importantísimo para Paderne como é o marisqueiro”, apunta o alcalde, Sergio Platas, que incide en que “moitas veces esquecemos que o noso municipio ten saída ao mar e un produto de calidade altísima.”

Ás 13:00 horas haberá degustación de produtos da ría no establecemento ‘Bemar no Camiño’, situado no lugar de Chantada 68, Paderne. Ademais, aproveitando a ocasión, a Administración padernesa editou un tríptico onde se recollen os principais atractivos do territorio. 

Trátase dun proxecto cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), no marco da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Norte.