LOCALIZACIÓN E DATOS XEOGRÁFICOS
paderne
O Concello de Paderne conta cunha extensión de 39,8 km2, A capital é Consistorio, núcleo da parroquia de Paderne, que se atopa no km 4,5 da estrada comarcal 640 (Betanzos-Viveiro) que surca o municipio de Oeste a Leste.
Paderne limita cos concellos de Miño, Bergondo, Betanzos, Coirós e Irixoa.
A principal vía de comunicación é a N-VI que, no seu tramo Betanzos-Ferrol, discorre polo sector occidental parella á ría e, en torno á cal, se atopan os dous principais núcleos de poboación (Souto e Viñas).
O termo municipal de Paderne (provincia de A Coruña) ocupa a marxe dereita da ría de Betanzos e esténdese ata o límite co Concello de Irixoa.
A estrada N-VI, no seu ramal de Betanzos a Ferrol atravesa as parroquias de Souto e Viñas, enlazando en Insua coa que ven de A Coruña polo Pedrido. Está delimitado ó Oeste por Betanzos e pola súa ría; ó Norte polo Concello de Miño, ó Sur por Coirós e ó Leste por Irixoa.
Para chegar a capital municipal debemos saír de Betanzos pola estrada de Viveiro e Irixoa. O Consistorio atópase a catro quilómetros de Betanzos. De esa estrada saen cara ó Mandeo outras que enlazan as parroquias de Quintas, Vilamourel, Vigo e Adragonte. Unha moderna ponte sobre o Mandeo, cerca do lugar de Chelo, comunica coa N-VI ó seu paso por Coirós.
Outra vía atravesa o termo de Paderne por Velouzás. Arranca da N-VI a saída de Betanzos ata Ferrol e, despois de alcanzar a forte subida de Velouzás, descende ata o Lambre, podendo logo o viaxeiro dirixirse a Ponte do Porco ou a Vilarmaior.
O municipio conta cunha extensión de 39,8 km2 contando con numerosas estradas comarcais e locais que intercomunican os distintos núcleos de poboación
Paderne consta de 9 parroquias que son: Adragonte, Obre, Paderne, Quintas, Souto, Vigo, Vilamourel, Villozás e Viñas e 61 entidades singulares de poboación.