SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS E ACCESOS

A través do Programa MA100 de subvencións a concellos da provincia para limpeza de praias marítimas 2022 da Deputación da Coruña, o Concello de Paderne ven de recibir unha achega de 17.034,13 € para o Proxecto: “Limpeza de praias Paderne 2022”.

Con esta achega estase a realizar a contratación laboral temporal de catro peóns para a realización do Servizo de Limpeza de Praias Marítimas no 2022 por un período de dous meses e vinte e cinco días.