Limpieza de núcleos e parcelas
medioambienteSegundo a Lei 9/2002 de ordenación urbanística do medio rural de Galicia, no seu Artigo 9º “Deberes de uso, conservación e rehabilitación”, os propietarios de terras conservarán e manterán o solo natural e, se é o caso, a masa vexetal, nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios, impedindo a contaminación da terra, o aire e a auga.
Así, os propietarios de terreos, teñen o deber da súa conservación de acordo coas normas de protección do medio ambiente.
A lexislación que trata de ordenar os usos do territorio no rural, choca con frecuencia coas prácticas que manteñen os propietarios das terras pero, polo ben de todos, é importante que a teñamos en conta para evitar problemas maiores como son os incendios forestais.
A lexislación especifica con claridade cuestións como as “franxas a desbrozar arredor das casas” e os emprazamentos nos que está prohibido replantar con pinos ou eucaliptos; cuestións moi a ter en conta dado que a Consellería de Medio Rural sancionará, tras un incendio, ós propietarios de terreos sen desbrozar e con repoboacións ilegais.
Segundo o borrador do Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga 2016), os controis que realizarán as brigadas de investigación que vai a potenciar a Consellería, vanse a centrar no seguinte:
- No control do respeto ás distancias entre vivendas ou núcleos rurais e masas forestais. A Lei de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (Lei 3/2007), establece que os primeiros 30 metros deben estar libres de maleza e as árbores ben separadas entre si.
- Sanción sobre as repoboacións ilegais; de acordo coa Lei de Montes de Galicia (Lei 7/2012). A normativa prohibe as repoboacións con pinos ou eucaliptos en terreos agrarios, así como a substitución de bosques de frondosas por eucaliptos ou pinos. Tamén establece as distancias que deben cumprir as masas forestais en relación a vías de comunicación como estradas (10 metros nos casos de pinos e eucaliptos) ou pistas forestais (4 metros no caso de pinos e eucaliptos).
Distancias que marca a Lei (Lei 3/2007) para a prevención de incendios forestais:
Para casas illadas

- Desde o límite da casa ata os 10 metros non pode haber maleza nin árbores
- Desde os 10 metros ata os 30 metros non pode haber maleza, pinos, eucaliptos ou especies que ardan facilmente.
- Desde os 30 ós 50 metros non pode haber maleza e as árbores teñen que estar ben separadas entre si.
Para aldeas e vilas

- Desde o límite da aldea ata os 30 metros non pode haber maleza nin pinos, eucaliptos ou acacias.
- Dos 30 ós 50 metros non pode haber maleza e as árbores teñen que estar ben separadas entre si.
- Nas novas edificacións de uso residencial, comercial, industrial ou servizos, instalacións agrogandeiras ou forestais, manterase unha distancia de seguridade de 50 metros.
No caso de non limpar
O Concello notificará o deber de comezar a limpeza antes de 15 días e, no caso de incumprimento:
- Poderá ordenar os traballos de limpeza repercutindo os custes nos propietarios.
- Obrigar a que se facilite o acceso para o cumprimento subsidiario da limpeza
- Comezar o procedemento sancionador
- No caso de incendio, poderá limpar ou facer traballos preventivos nos terreos sen autorización previa.
Responsables da limpeza das franxas segundo a Lei
- Os propietarios, arrendatarios, usufructuarios ou titulares de terreos
- Data límite que marca a Lei para a limpeza dos terreos: Antes do 30 de xuño de cada ano