INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A LIMPEZA DE FINCAS
Nos últimos días moitos veciños do Concello de Paderne recibístedes unha notificación do Servizo Agrario Galego (SEAGA) para limpar as vosas parcelas en zonas de protección contra incendios. Esta medida busca evitar que a biomasa e certas especies vexetais poidan supoñer un risco para as vivendas en caso de incendio, especialmente no verán.
Documentación e ferramentas dispoñibles:
1.- Lista de especies a limpar as especies que deben ser retiradas das franxas de protección de 50 metros, segundo a Lei 3/2007 de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, inclúen:
Pino galego (Pinus pinaster)
Pino do país
Pino silvestre (Pinus sylvestris)
Pino de Monterrey (Pinus radiata)
Pino de Oregón (Pseudotsuga menziesii)
Mimosa (Acacia dealbata)
Acacia negra (Acacia melanoxylon)
Eucalipto (Eucalyptus spp.)
Brecina (Calluna vulgaris)
Carquesa (Chamaespartium tridentatum)
Retama (Cytisus spp.)
Brezo (Erica spp.)
Retama, piorno (Genista spp.)
Fieito (Pteridium aquilinum)
Zarza (Rubus spp.)
Toxo (Ulex europaeus)
Estas especies deben ser xestionadas e eliminadas axeitadamente para cumprir coa normativa de prevención de incendios.
2.- Mapa de franxas de protección. Consulta este mapa ver se a túa parcela está incluída na zona de protección: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
3.- Consulta a lei completa: Se queres saber máis sobre a normativa, podes leer a Lei 3/2007 de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-10022
4.- Calquer alegación a realizar en relación co seu requerimento (ampliación de prazo, cambios de titutlaridade, etc) pode remitilo ao Concello. https://sede.


