ACTIVIDADE DE “LER CONTA MOITO” NO CONCELLO DE PADERNE

O próximo día 11 de outubro o Concello de Paderne ten organizada unha actividade de maxia na planta baixa da Casa Consistorial.
Actuación  englobada do programa de “Ler conta moito” co obxectivo de programar actividades de dinamización da lectura e da cultura dentro da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia á que o Concello de Paderne pertence.
A partir das sete e media da tarde dará comezo o espectáculo “1º Galicia Ilusiona coa Maxia” do coñecido mago Pedro Bugarín. Ilusionista, que conxuga  emoción, maxia  e  humor, facendo as delicias dos alí presentes durante aproximadamente cincuenta minutos. 
Anótate para reservar o teu sitio ata o día anterior chamando aos teléfonos do Concello.