FESTA DE NADAL
Este pasado día 20 de decembro o Concello de Paderne ofreceu unha festa para os pequeniños das escolas de Educación Infantil de Paderne e menores de 3 anos sen escolarizar.
A Concelleira de Cultura abriu o acto dando a todos a benvida compartindo cos presentes unha divertida mañá na que, tanto os nenos como as súas familias, se contaxiaron da ilusión coa que os pequeniños viven estas datas.
Desde as 11:00 h, talleres diversos entre os que destacaron os de pintura e globoflexia, malabares e xogos con música, completaron unha xornada na que a visita de Papá Noel, que veu a recoller as cartas que todos os nenos lle foron entregando, marcou esta divertida mañá.