EXCURSIÓN DO CONCELLO DE PADERNE A VILANOVA DE CERVEIRA E Á FORTALEZA

 

Vilanova de Cerveira e a Fortaleza, en Portugal, foron as localidades ás que se desprazou un grupo de persoas do Concello de Paderne, acompañadas polo Alcalde  César Longo, este pasado sábado día 18 de xuño.

A ilusión das compras na feira que se realiza na localidade portuguesa de Vilanova de Cerveira, centraron a actividade da mañá para a gran maioría das persoas que buscaban polos distintos postos os mellores produtos que levar para a casa.

Na posterior comida en Valença do Minho non faltou o prato típico de Portugal, o bacalao, que tan ben cociñan nos restaurantes da zona. Unha deliciosa e agradable comida na que, ademais de satisfacer o apetito despois da xornada de compras, se puido disfrutar dun agradable ambiente xuntos.

Rematouse o programa do día coa visita á Fortaleza; máis compras e paseo pola maior fortificación portuguesa na fronteira co noso país, onde se atopa a parte vella da vila de Valença.