O Concello propón unha nova saída sociocultural para que a veciñanza coñeza Palencia e Valladolid

  • Organizarase do 15 ao 18 de outubro e as persoas interesadas poden anotarse chamando ás oficinas municipais no 981 79 70 01 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodepaderne.com. 
  • Terá un custe de 448 euros por persoa e as prazas son limitadas.

O Concello de Paderne propón unha nova saída sociocultural para que a veciñanza, desta volta, coñeza a historia e tradicións de Palencia e Valladolid. 

Organizarase do 15 ao 18 de setembro e as persoas interesadas poden inscribirse chamando ás oficinas municipais no 981 79 70 01 ou enviando un correo electrónico a cultura@concellodepaderne.com. A data límite para anotarse será o vindeiro 11 de setembro. 

O aloxamento, en pensión completa, será no Hotel Villa Augusta Spa & Garden, de catro estrelas, e o prezo inclúe tamén un cruceiro polas canles de Castela e as visitas guiadas en Valladolid, Tordesilla e Palencia. O custe será de 448 euros, aínda que pode variar en función das persoas inscritas.