EXCURSIÓN A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO
Realizarémola o día 30 de novembro, día de San Andrés. Ás 8:30 h os autobuses comezarán a recoller ós asistentes polas distintas parroquias.
Iremos ata San Andrés de Teixido no seu día grande. Os que o desexen poden asistir á Misa e cumprir os rituais do Santo.
Logo comeremos en Cedeira no restaurante Badulaque e teremos tempo para, despois de comer, dar un paseo pola localidade.
O custe é de 30 €/persoa.
As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición ata o 23 de novembro chamando por teléfono ás oficinas municipais.