EXCURSIÓN A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

O día 30 de novembro, día de San Andrés, o Concello de Paderne organiza unha excursión á localidade de San Andrés de Teixido con motivo da festividade do Santo coa saída prevista para recoller ás persoas polas distintas parroquias ás 8:30 h.

Esta aldea, a 12 km de Cedeira, está situada nun impresionante lugar fronte ó océano Atlántico na Serra da Capelada.

Unha pequena igrexa, no medio da aldea, centra os actos da mañá. Rematada no 1785, está alzada sobre templos anteriores, o primeiro construído no século XII e do que unicamente queda un capitel moi deteriorado. Contén rastros góticos na entrada e aportacións barrocas no retablo maior e no relicario con un suposto oso do dedo do apóstolo.

Os que o desexen poden asistir á Misa e cumprir os rituais do Santo.

Logo comeremos en Cedeira no restaurante Badulaque e teremos tempo para, despois de comer, dar un paseo pola localidade.

O custe é de 30 €/persoa.

As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición ata o 25 de novembro chamando por teléfono ás oficinas municipais.