CAMPAÑA DE ESQUÍ 2022

Do 11 ao 14 de febreiro, 9 rapaces e rapazas do Concello de Paderne van a disfrutar dunha estadía na estación de esquí de Valgrande-Pajares (Asturias) dentro do programa Campaña de esquí 2022 da Deputación da Coruña.

O Alcalde enviou unha carta a tódolos posibles participantes coa información da campaña a fin de que puideran inscribirse na mesma e participar no sorteo das prazas dispoñibles.

Van a pasar unhas xornadas nas que recibirán cursos de esquí para aprender a esquiar ademais de contar con actividades complementarias hospedándose nun albergue a pé de pista e compartindo experiencias con outros rapaces e rapazas de outros concellos da provincia. 

Sen dúbida, uns días moi enriquecedores que, de seguro, van a recordar sempre.