ENTREGA DE MASCARILLAS NAS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CONCELLO

O Alcalde de Paderne realizou unha visita este pasado día 10 de febreiro ás dúas escolas de Educación Infantil do Concello, a de Viñas e a de Areas, para facer entrega entre os pequeniños e as mestras de novo material de protección.

Neste terceiro reparto de mascarillas ampliouse o número de exemplares que se proporcionaba a cada pequeniño servindo, nesta ocasión, para dous meses de uso durante a xornada escolar dado que son de cinco usos tralo lavado diario.

É importante incidir na protección destas idades debido á falta de pautas completas de vacinación e axudar así ás familias nos coidados dos seus fillos.

 Alcalde tamén revisou as instalacións e comunicou os proxectos a realizar nas datas de verán para a mellora das mesmas así como a dotación de novos elementos de xogo.