Enredadas no Camiño - Leti da taberna

O vindeiro xoves, 8 de outubro, contamos coa actuación de Leti da Taberna. Un espectáculo cómico cheo de retranca e improvisación, que incluirá ademais a proxección dun vídeo único, en ton humorístico, no que participan veciños e peregrinos. Terá lugar a partir das 20:00 horas, na sala de actividades, planta baixa do Concello. Da man de Culturactiva S. Coop. Galega, co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo.