DÍA DA FAMILIA EN PADERNE
O Concello de Paderne xa ten todo disposto para celebrar o “Día da Familia” o vindeiro 1 de setembro en O Telleiro. Como cada ano, haberá unha gran carpa con mesas e sillas para a comida das familias e os seus invitados.
A partires das 13:30 h está previsto que comece a celebración; hai un variado programa cargado de actividades pensadas para grandes e pequenos.
Para antes da comida, o Concello terá preparada caza e viño de Paderne para que tódalas persoas poidan degustalos de xeito gratuíto charlando cos seus amigos e familia antes de sentarse á mesa.
Durante o día, distintos estilos musicais amenizarán a xornada; así poderemos disfrutar dun repertorio de habaneras na sobremesa. Posteriormente a música dunha charanga irá animando ós asistentes antes do baile que comezará ás 20:30 h.
Despois da comida tamén haberá xogos ó aire libre no campo de fútbol así como un gran inchable, o toro mecánico e a festa da espuma para que, tanto nenos como maiores, disfruten destas atraccións.
Teremos, como cada ano, xogos de mesa a disposición de todos para que poidan botar a partida cos seus amigos.
A queimada e fogos artificiais no remate da festa, serán un complemento máis para un día de unión entre tódalas persoas de Paderne.
Convidamos a tódalas familias a participar deste día no que se traballa para reforzar os lazos das xentes de Paderne.
Para participar o único que hai que facer é chamar por teléfono ás oficinas do Concello antes do 27 de agosto para reservar o sitio; para elo é importante deixar un teléfono de contacto e comunicar o número de persoas que van a asistir.