Paderne resolve o contrato da recollida do cartón ante a deficiente prestación do servizo
- O goberno municipal xa está a traballar na adxudicación do servizo a unha nova empresa, co obxectivo de que a recollida poida retomarse con normalidade nos vindeiros días.
O Concello de Paderne decidiu resolver o contrato coa empresa responsable do servizo de recollida do cartón debido á deficiente prestación do mesmo, que estaba a provocar incidencias e dificultades no correcto funcionamento da recollida.
O goberno municipal xa está a traballar na adxudicación do servizo a unha nova empresa, co obxectivo de que a recollida poida retomarse con normalidade nos vindeiros días, co obxectivo de que o servizo se empreste con plenas garantías.
Desde o Concello lamentamos as molestias ocasionadas á veciñanza durante este período e agradecemos a comprensión. A prioridade do executivo municipal é recuperar canto antes a normalidade no que a isto respecta, garantindo a continuidade do servizo e unha resposta axeitada ás necesidades do municipio.


