SOLICITUDE DE AXUDA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO PARA A AULA DA RÍA

Mediante o programa de subvencións a concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación durante o ano 2019 da Deputación da Coruña, o Concello de Paderne ven de solicitar unha axuda de 11.990,08 € para a contratación dun técnico para a Aula da Ría.

A Aula da Ría de Chantada, situada nun lugar de especial relevancia medioambiental, con unha gran biodiversidade biolóxica, precisa dun técnico especialista que achegue á poboación esta biodiversidade e seipa transmitir os valores naturais que este tipo de instalacións representan achegando a grandes e pequenos as súas particularidades e contidos.