SERVIZO DE CONCILIACIÓN VERÁN 2023
O Concello de Paderne ven de aprobar as bases para o Servizo de Conciliación Verán 2023
O programa consiste no desenvolvemento de actividades cunha dobre finalidade: a de permitir a conciliación familiar, laboral e persoal das familias e a de ofrecer un espazo de esparcimento para nenas e nenos en igualdade de oportunidades.
A desenvolver nos meses de xullo e agosto en horario entre as 8.30 e as 14.30 h.
As actividades a desenvolver terán como eixo a igualdade e consistirán en iniciativas lúdicas de ocio e tempo libre baixo a supervisión de monitores.
Poderán participar no programa nenos e nenas de 4 a 8 anos, aclarando que poden cumprir os 4 anos durante todo o 2023.
O prazo de solicitudes remata o 7 de xuño.
As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Paderne.