Regresan a Paderne os talleres de Cociña divertida
Regresan a Paderne os talleres de Cociña divertida para aprender os beneficios dunha boa alimentación e distintas técnicas gastronómicasRegresan a Paderne os talleres de ‘Cociña divertida’ para aprender os beneficios dunha boa alimentación e distintas técnicas gastronómicas
-
Están destinados a escolares empadroados no Concello de 6 a 16 anos e haberá dúas quendas: o grupo 1, para a rapazada de 6 a 10 anos, e o grupo 2, de 11 a 16 anos.
-
Impartiranse no Local Social de Quintas os días 24 e 31 de xaneiro e 7 e 14 de febreiro, todos en sábado.
O Concello de Paderne continúa a súa aposta por promover hábitos saudables, fomentar a socialización entre a veciñanza, tanto pequenas como maiores, e neste caso con ‘Cociña divertida’, uns obradoiros para aprender os beneficios dunha boa alimentación, as propiedades dos produtos de proximidade así como distintas técnicas gastronómicas para conseguir elaboracións propias.
Están destinados a escolares empadroados no Concello de 6 a 16 anos e haberá dúas quendas: o grupo 1, para a rapazada de 6 a 10 anos, e o grupo 2, de 11 a 16 anos. Impartiranse no Local Social de Quintas os sábados 24 e 31 de xaneiro, e os 7 e 14 de febreiro.
Os horarios serán de 10:30 a 12:00 horas para o grupo 1 e de 12:15 a 13:45 horas para o segundo grupo. As nenas e nenos serán admitidos por rigorosa orde de inscrición. Pódese facer efectiva tanto na sede electrónica como nas oficinas administrativas do Concello de Paderne. O prazo xa está aberto.
O alcalde, Sergio Platas, afirmou que “estes talleres, ademais de estar impartidos por persoal cualificado, son moi importantes á hora de fomentar hábitos de vida saudables e dotar de ferramentas gastronómicas ás novas xeracións. Cada vez que os organizamos hai un elevadísimo índice de participación e a verdade é que nos produce moita satisfación ver á rapazada pasalo ben facendo pratos de verdadeiro concurso.”