A cativada de Paderne poderá gozar novamente do mundo dos fogóns cunha nova edición de ‘Cociña divertida’ 

Están destinados a escolares empadroados no Concello de 6 a 16 anos e haberá dúas quendas: o grupo 1, para a rapazada de 6 a 10 anos, e o grupo 2, de 11 a 16 anos.

Impartiranse no Local Social de Quintas os días 31 de outubro, e 7, 21 e 28 de novembro, todos en sábado. 

O Concello de Paderne continúa un ano máis a súa aposta por promover hábitos saudables, fomentar a socialización entre a veciñanza, tanto pequenas como maiores, e dotar á cidadanía de ferramentas para ampliar coñecementos e habilidades en distintos eidos. 

Este é o caso da ‘Cociña divertida’, os obradoiros para aprender os beneficios dunha boa alimentación, as propiedades dos produtos de proximidade e as distintas técnicas gastronómicas para conseguir elaboracións propias toda vez que se divirten conseguindo estes novos pratos.

Están destinados a escolares empadroados no Concello de 6 a 16 anos e haberá dúas quendas: o grupo 1, para a rapazada de 6 a 10 anos, e o grupo 2, de 11 a 16 anos. Impartiranse no Local Social de Quintas os sábados 31 de outubro, 7, 21 e 28 de novembro.

Os horarios serán de 10:30 a 12:00 horas para o primeiro grupo e de 12:15 a 13:45 horas para o segundo. As nenas e nenos serán admitidos por rigorosa orde de inscrición. Pódese facer efectiva chamando ao Concello de Paderne no 981 776 302.