CLAUSURA DAS ACTIVIDADES DE REFORZO EDUCATIVO

Este día 2 de xuño tivo lugar en Paderne a clausura das actividades de reforzo educativo que o Concello organizou para os niveis de Educación Primaria, Educación Infantil e os primeiros cursos da Educación Secundaria.

Desde comezos do mes de novembro, os nenos/as do Concello tiveron a posibilidade de recibir clases extras nas materias escolares de inglés, lengua, lingua, matemáticas e informática e, as familias, contar cun gran apoio e axuda para a formación dos seus fillos/as.

Ó acto, no que o Alcalde lles entregou o seus diplomas de participación, acudiron os nenos e nenas que estiveron asistindo durante todo o curso escolar. 

O Alcalde de Paderne considera de gran importancia prestar este servizo de reforzo educativo que contribúe, tanto á formación dos/as menores como á economía familiar e á relación entre os/as nenos/as do Concello. Un esforzo que quere seguir mantendo para beneficio de todos/as.