O PROGRAMA 'CULTURA NO CAMIÑO' CHEGA A PADERNE CON MAXIA E UN ESPECTÁCULO CIRCENSE
O programa da Xunta de Galicia 'Cultura no Camiño' chega a Paderne en xullo con dúas propostas para toda a familia.
Este 17 de xullo, ás 20:30 horas na Praza dos Desamparados de Souto, Daniel García fará trucos de ilusionismo para que desfruten pequenos e maiores.
O vindeiro 31 de xullo, tamén ás 20:30 horas pero desta volta en Samede, Nacho Fungueiriño chega co seu espectáculo Circo Doble Expresso.
Ambas están subvencionadas pola Xunta de Galicia.


