CHARLA INFORMATIVA EN PADERNE

O próximo día 19 de febreiro ás 20 horas, na Casa do Concello de Paderne está prevista a celebración dunha reunión informativa do Galp Golfo Ártabro Norte.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Marítimo e da Pesca 2014-2020 no ámbito territorial que abarca dende Narón ata Paderne.

Nesta reunión, explicarase polo miúdo quen pode acceder a estas axudas, os requisitos que hai que cumprir, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, así como os prazos de presentación das mesmas, entre outros.

Por tal motivo, invitamos a participar nesta reunión para informarse de primeira man da liña de axudas para este territorio coa que poder obter unha importante vía de financiación para as entidades.