CAMPAMENTOS DE VERÁN 2022
Durante os meses de xullo e agosto, 12 menores do Concello de Paderne desfrutan e divírtense no programa “Campamentos de Verán 2022” grazas ao cal se facilita que outras tantas familias do Concello poidan conciliar a súa actividade laboral co coidado dos seus fillos e fillas.
Están a levar a cabo actividades de sendeirismo que lles posibilitan coñecer o noso entorno, rutas de kaiak e visitas ás nosas praias desfrutando da ría tan bonita que temos, ciclismo co que exploran rutas polos concellos veciños ademais doutras actividades que, á vez que os manteñen entretidos, os achegan á natureza a través da actividade física.